Espidos

TÍTULO: Espidos (en "Novas Conversas con Atlante").
AUTOR: Xosé Abad.
FICHA TÉCNICA: A exposición consta de 10 fotografías de 60 X 40 cm. a cor, listas para expor, e 18 pés de foto.


Vixías particulares, ollos que fitan atentos, nus, desarmados ante un porvir sen alén do alén. Marisa, Pilar, Pedro, Juan, Alfredo, Lía, Xosé, Juanma, Daniel, Man…sós, na intimidade dos seus pensamentos, fan preguntas e agardan respostas.
Esta exposición forma parte de NOVAS CONVERSAS CON ATLANTE, unha mostra colectiva na que varios fotógrafos e fotógrafas de Galicia tentan recoller os cambios sufridos, na relación entre o Océano Atlántico e a sociedade, trala traxedia do afundimento do petroleiro Prestige.

 

Idiomas